Illadas 17 enfermeiras e auxiliares do Hospital Cunqueiro de Vigo por contacto cun caso de Covid

Un total de oito enfermeiras e nove auxiliares de Enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foron illadas tras ter contacto cunha muller que deu positivo en COVID-19.

Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) explicaron a Europa Press que os feitos tiveron lugar esta semana, cando se realizou unha proba de detección da patoloxía de modo preventivo a esta muller, que ía ser sometida a unha intervención cirúrxica no hospital vigués.

Despois de confirmarse que esta paciente se contaxiara, suspendeuse a operación por prevención e procedeuse ao illamento das profesionais que tiveran contacto coa mesma.

Destemodo, aplicouse o protocolo aínda que, polo momento, só se someteu ás probas PCR a unha parte minoritaria destas 17 enfermeiras e auxiliares de Enfermaría do centro hospitalario.