III Feira da Eira de Xoana. Mantendo a aposta por un consumo local e responsábel

Feira na Eira da Xoana

O mercado, con postos de produtos locais e ecolóxicos,palestras, actuacións, xantar, actividades, obradoiros... desenvolverase ao longo de todo este domingo en Ramil (Agolada)

Máis un ano, e van tres,o centro de educación ambiental Eira da Xoana organiza a súa terceira feira, unha cita na que se dan a man os produtos locais e a aposta polo consumo responsábel cunha manchea de actividades (culturais, de lecer, formativas, xogos..) E todo iso nun entorno privilexiado como é o do lugar de Ramil, no Concello da Agolada.

Os postos (de alimentos locais e ecolóxicos, artesanía,...)presentes nesta feira abrirán a partir das dez da mañá. Haberá obradoiros (como un de elaboración artesanal de xabrón) ou palestras (sobre a minería). Non faltará a música (con Donos da Besta, as pandereteiras de Bouba,...)

Aqueles que queiran xantar alí poderán facelo, pois a organización pon unha 'comida solidaria'. Tamén haberá o sorteo dun lote de produtos.