O II Congreso de Estudos Internacionais de Galiza convida a “repensar Europa desde aquí”

Organizado polo Igadi e o Observatorio da Gobernanza G3, terá lugar o 18 e 19 de setembro e contará coa presenza de diversos analistas e expertos.

“O II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, coincidindo cun novo aniversario da participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas (1933) pretende abrir un espazo de reflexión para pensar Europa desde aquí, a partires da nosa propia experiencia, necesidades e intereses”. A afirmación, incluída na presentación do Congreso, indica ás claras a intención e finalidades desta cita, que organizada por Igadi e Observatorio da Gobernanza G3, vai ter lugar o 18 e 19 de setembro na Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación.

 

O Congreso divídese en catro sesións temáticas: Político-Institucional, Económica, Socio- Cultural, e Política exterior e Seguridade.

Programa:

Luns, 18 de Setembro

16.00 Sesión de apertura.

16.30 Conferencia Inaugural: Galeguismo e Europeísmo. Camilo Nogueira Román (Político, enxeñeiro e economista)

Presenta: Daniel González Palau (Director do Igadi-Dirección II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia)

17.30 Descanso

18.00 Sesión Político-Institucional: Europa, de novo na encrucillada. Modera: Celso Cancela Outeda (Universidade de Vigo, Dirección II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia)

Participantes: Antonio C. Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela), Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo), Ana Ramos Barbosa (Directora da Oficina Fundación Galicia-Europa en Bruxelas)

20.00 Final do primeiro día do Congreso

Martes 19 de Setembro

10.00 Sesión Económica: Europa na mundialización. Modera: Lara Graña (Xornalista económica-financeira)

Participantes: Anxo Calvo (Universidade da Coruña), Xavier Vence (Universidade de Santiago de Compostela) e Xavier M. Cobas (Universidade de Vigo)

12.00 Sesión Socio-Cultural: Días contados para a Europa do benestar? Modera: Álvaro Xosé López Mira (Universidade de Vigo, Dirección II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia)

Participantes: Albino Prada (Universidade de Vigo), Celso Cancela (Universidade de Vigo) e Constantino Cordal (Universidade de Vigo)

16.00 Sesión Política Exterior e Seguridade: Europa, no mundo con voz propia. Modera: Roberto Mansilla (Analista do Igadi)

Participantes: Rafael García Pérez (Universidade de Santiago de Compostela), Sandra Fernandes (Universidade do Minho), Cristina Manzano (Directora de Esglobal).

18.30 Clausura: A idea de Europa. Eduardo Olier (Director en España do Instituto Choiseul de xeoeconomía e intelixencia económica e Vicepresidente do European Think Tank Observatory)

Presenta: Juan Manuel Corbacho Valencia (Vicerreitor do Campus de Pontevedra)