IES Brión, un instituto en pé contra o recorte no profesorado

Imaxe: ANPA Pedra Viada

Fechamento de nais e pais, demisión da directiva do centro, mobilización do estudantado. A falla de docentes, denuncian, fai “imposíbel” un proxecto educativo acaído neste centro que acolle acse 400 estudantes.

 

A noite desta quinta feira unha trintena de persoas durmiron no IES de Brión, concello de 7.000 habitantes na comarca de Santiago, para denunciar o recorte de profesorado neste instituto e as consecuencias que iso implica.

Un protesto que manterán nestes días e que se suma ao anuncio de que a vindeira terza feira os alumnos non acudirán ás aulas. Hai uns días, demitía a dirección do IES por considerar que co persoal docente que eran, 34, non había xeito de elaborar un proxecto educativo para un centro que neste curso ía contar con 31 estudantes máis, chegando aos 400.

 

Nesta loita coinciden pais e nais (representados pola ANPA Pedra Viada), profesorado e alumnado. En xogo está ter un ensino “decente” e para iso, remarcan, “fan falla docentes”. O centro solicitaba 10 docentes mais desde a Xunta ofrecéronse 7. Fica así un cadro de 34 profesores. Mais, defendían desde o centro, non abonda, precisábanse tres máis.

 

En xogo está a defensa da calidade da educación do ensino público, defenden. Unha loita na que teñen o apoio da veciñanza deste concello.