Hoxe celébrase na Galiza o Día do Orgullo

Actos en varias localidades ao longo desta semana lembraron as reivindicacións deste colectivo.

Ao redor do 28 de xuño de cada ano celébrse o Día do Orgullo para lembrar que en 1969 un grupo de persoas dun bar de New York enfrontáronse á policia para defenderen os seus dereitos. A partires de entón organízanse actividades reivindicativas da comunidade gai, que engloba a LGBT, a comunidade lésbica, o propio mundo gai, bisexual e transexual, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexuais e mais para facer denuncia das actitudes homofóbicas.

Hoxe haberá unha palestra a partires das 18 horas sobre "A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual." na que participarán Antonio Alonso (Coordinador Amnistia Internaciona en Vigo) e Laura Guisantes (militante de Briga). O acto terá lugar na Casa da Muller (Rúa Romil, 20, Vigo).

 

Bandeira
Unha das iniciatiavs para o día de hoxe foi a do BNG compostelán que propuxo que ondeara a bandeira deste colectivo no Concello e unha moción para o seu debate no pleno, este mesmo xoves, na que piden instar á Xunta a tomar medidas nos ámbitos educativo e sanitario. “Máis alá do simbolismo desta actuación, queremos tamén que se visualice que non hai unha ruptura coa traxectoria da última década neste Concello de apoio decidido ás reivindicacións destes colectivos, como a celebración de festivais, ciclos de cinema homosexual, certames de fotografía, obradoiros e charlas, entre outras actividades destinadas a sensibilizar a veciñanza de Santiago”, explicou o seu portavoz municipal, Rubén Cela.

 O BNG compostelán que propuxo que ondeara a bandeira deste colectivo no Concello


Manifesto
O grupo federal de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais do PSOE publicou un manifesto no seu blogue no que aseguran que "a pesar importantes avances, aínda quedan cousas por conseguir e realidades que cambiar, pero a defensa dos dereitos conquistados é unha das nosas prioridades, ante un goberno do PP que demostrou nestes meses, que é un goberno antisocial, que non cre na igualdade, e desenvolve unha folla de ruta ultraconservadora en canto a dereitos sociais e civís refírese, e que supón un grave perigo para as liberdades públicas alcanzadas no noso país".