A hostelaría galega ficará sen restricións desde este sábado

Comensais desfrutan na terraza dun restaurante de Ferrol. Foto: Mero barral / Europa Press
A Galiza encara o inicio desta semana Santa cun aumento dos casos activos de Covid até os 11.626, de hospitalizados, con 488 e de novos contaxios, con 1.276. Pola súa parte, a taxa de positividade repunta a 30,5%.

A hostalaría da Galiza fica sen ningunha restrición pola Covid desde este sábado, ao decaeren hoxe as limitación de comensais por mesa.

Por tanto, á marxe da medida común en todo o Estado do uso de máscara en interiores, que previsibelmente se eliminará o día 20 de abril, con algunhas excepcións (como hospitais e residencias de maiores), a Galiza mantén unicamente até as 00 horas do 23 de abril a exixencia do certificado de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar os pacientes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional.

Respecto diso, segundo a orde publicada onte no Diario Oficial da Galiza (DOG) pola Consellaría de Sanidade, mantense esta medida "atendendo á evolución da situación epidemiolóxica".

Entre algunhas das restricións que decaen hoxe, encóntranse a fin do límite de 10 comensais por mesa en interior e 20 no exterior ou a capacidade no interior dos locais , que tampouco terá restricións. 

Datos Covid e gripe

A Galiza encara o inicio desta semana Santa cun aumento dos casos activos de Covid até os 11.626, de hospitalizados, con 488 e de novos contaxios, con 1.276. Pola súa parte, a taxa de positividade repunta a 30,5%.

Segundo os datos actualizados onte pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18. horas da quinta feira, aumentan a 20 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 e a 468 as hospitalizadas en unidades convencionais, mentres que 11.138 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

No tocante aos casos de gripe, os ingresos de persoas con esta doenza ascenden a 238, o que supón un descenso de 57% con respecto á semana anterior. Así consta no informe publicado polo Sergas: Vixilancia da gripe na Galiza.