MARíA E JOSé NáRRANNOS A RUTA DO CANCRO

Enfermar en Lugo

Reportaxe no número 142 de Sermos

Coa sala de hemodinámica fechada de 15h a 8h, sen servizo de radioterapia nen medicina nuclear, a veciñanza da provincia de Lugo vese obrigada a desprazarse até a Coruña para recibir tratamento. 

 

Embora ter prometido a súa instalación no ano 2011, o goberno de Alberto Núñez Feijóo mantén sen algúns servizos fundamentais o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). No concreto, sen radioterapia, sen medicina nuclear e cun servizo de hemodinámica aberto tan só en horario de oficina, de 8h a 15h. 

Unha plataforma que abrangue 200 colectivos e organizacións diferentes reclama desde a inauguración do centro hospitalario o cumprimento das promesas gobernamentais e o cesamento na discriminación da poboación luguesa que, perante esta situación, se ve obrigada a trasladarse á Coruña para recibir tratamentos, por exemplo, contra o cancro (e a facelo, aliás, a unha clínica privada!).

María e José nárrannos a ruta do cancro

No número 142 do semanario Sermos Galiza, na rúa xa esta quinta feira 23 de abril, analizamos polo miúdo os incumprimentos de Feijóo e da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. E facémolo da man de Miguel Ángel Corredoira, integrante da plataforma. Aliás, debruzámonos sobre a faciana máis humana deste conflito através de María e José, dous doentes que nos narran a 'ruta do cancro'. Centos de quilómetros para recibir 10 minutos de tratamento. 

Asemade, conversamos con Xan, médico dun dos dous helicópteros medicalizados que existen en Galiza e que coñece de primeira man as diferenzas que existen na atención sanitaria en función do núcleo de poboación en que nos atopar. 

Podes ler a reportaxe completa no novo número do Sermos Galiza en papel. Á venda xa nos puntos de venda habitual e tamén na nosa loxa