Homenaxe a Alonso Estraviz

Eira de Xoana

Na Eira de Xoana, este sábado, en recoñecemento á súa contribución ao galego.

Eira da Xoana acolle este sábado unha homenaxe a Isaac Alonso Estravíz. Un acto que se enmarca nos recoñecementos iniciados no 2012 ás persoas que, “unindo cristianismo e galeguidade, traballaron pola defensa do pobo e da súa autoorganización”, indican desde a organización. Destacan Alonso Estraviz pola súa contribución “á lingua galega, nomeadamente á lexicografía co seu Dicionário da língua galega”.


Os actos comezarán ás 14 horas, cunha comida comunitaria na Eira da Xoana. “Cadaquén leva a súa”.

As palabras e a música en honra do homenaxeado darán comezo ás 17 horas. “Pode participar quen queira facer un recoñecemento a Isaac. É aconsellábel que o tempo de cada intervención sexa breve ( 3 minutos); en todo caso, determinarase en función das persoas que queiran facer uso da palabra”.