Un home é rescatado tras precipitarse por unha ponte da A-8 á altura de Barreiros

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Unha patrulla desprazouse ao lugar e comprobou que un home se precipitara desde o alto do viaduto e, aínda que estaba consciente, precisaba atención sanitaria urxente.

Efectivos de Emerxencias rescataron un home que se precipitara desde o alto dunha ponte da autovía A-8, no municipio de Barreiros, e que foi evacuado a un centro hospitalario.

Segundo informou o CIAE 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 23.15 horas desta terza feira, cando a Garda Civil de Tráfico recibiu un aviso por parte de operarios de conservación da autovía, que atoparan un turismo detido na beiravía, no quilómetro 528, en sentido Asturias.

Unha patrulla desprazouse ao lugar e comprobou que un home se precipitara desde o alto do viaduto e, aínda que estaba consciente, precisaba atención sanitaria urxente.

O 112 Galiza alertou Urxencias Sanitarias-061, a Bombeiros e Protección Civil de Barreiros, e efectivos de Garda Civil.

Os Bombeiros rescataron á persoa, que se atopaba nunha zona de difícil acceso, e os servizos sanitarios trasladárono en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti.