Un home mata a súa parella en Barcelona

Performance na praza de Cervantes (Compostela) en contra violencia machista.

A vítima, unha muller de 31 anos, foi trasladada ao hospital e faleceu no mediodía desta quinta feira

Os Mossos d’Esquadra detiveron na madrugada desta quinta feira un home por –presuntamente– ter asasinado a súa parella cun arma branca. Os feitos aconteceron por volta das 04:00 horas nunha vivenda do Nou Barris (Barcelona), cando as forzas de seguridade foron alertadas da agresión, que tivo lugar após unha discusión.

 

A vítima presentaba un estado de extrema gravidade cando chegaron os axentes, e faleceu horas despois nun centro hospitalario da cidade. O agresor, un mozo de 27 anos, foi detido no momento. Polo de agora, a División de Investigación Criminal de Barcelona investiga o homicidio.