Un home mata a coiteladas o seu cuñado en plena rúa en Vilagarcía de Arousa e dáse á fuga

Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).

Os feitos aconteceron na tarde desta sexta feira

Un home asasinou a coiteladas o seu cuñado en plena rúa na localidade de Vilaxoán, no municipio de Vilagarcía de Arousa (O Salnés), e deuse á fuga tras o crime.

Os feitos tiveron lugar lugar ao redor das 19 horas desta sexta feira, segundo trasladaron fontes próximas ao sucedido.

Os implicados, de entre 30 e 40 anos e veciños da Illa de Arousa (O Salnés), son dous cuñados que iniciaron unha discusión nun domicilio da localidade de Vilaxoán.

As primeiras informacións apuntan a que o enfrontamento subiu de ton e finalizou na rúa, onde a vítima recibiu varias coiteladas que terminaron coa súa vida.

As forzas de seguridade tratan de dar co paradoiro do suposto autor do crime, que fuxiu do lugar a pé para subir nun coche e saír de Vilaxoán, aparantemente en dirección á Illa de Arousa.

Foentes consultadas pola axencia Europa Press apuntan que o individuo conta con varios antecedentes policiais. Até o lugar do crime desprazáronse varias patrullas da Policía española e da Policía Local, así como unha ambulancia de Urxencias Sanitarias-061.