Un home apuñala unha muller, ferida de gravidade, en plena rúa en Marín

Urxencias do Hospital de Montecelo, en Pontevedra, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)
Non se coñecían previamente, segundo as primeiras investigacións.

Unha muller de 47 anos foi apuñalada na mañá desta segunda feira nunha rúa de Marín, a plena luz del día, por un home que, segundo as primeiras investigacións, non tiña ningún tipo de vínculo con ela, se ben aínda está a estudarse o suceso.

A vítima foi trasladada ao Hospital de Montecelo (Pontevedra) en estado "moi grave", mentres o agresor, duns 50 anos, foi detido e posto a disposición da Policía Nacional, segundo vén de confirmar a alcaldesa do municipio, María Ramallo.

O home afirmou que non gardaba relación coa vítima, que camiñaba pola rúa cando foi agredida cunha arma branca, e que fora "o demo" o que lle "ordenara" que "matase a alguén". A agresión produciuse na rúa Jaime Janer.