Ana Cabana

"Hai unha lagoa no estudo das mulleres rurais"

A docente e investigadora Ana Cabana
Ana Cabana é profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela. Polo seu traballo de inclusión da muller rural na investigación sobre historia agraria, recollido no capítulo "En feminino plural", recibiu en 2019 o premio á Introdución da Perspectiva de Xénero que concede a insitución.

A que responde o título "En feminino plural"?
Quería empregar algo máis de xénero, pero o que veño a dicir é que a historia agraria ten unha lagoa no estudo das mulleres. Non total, pois sabemos moito delas, mais sobre todo a partir da historia económica, onde moitas autoras se preocuparon por elas como factores agrarios. Coñecemos moito sobre o seu salario, sobre as súas xornadas laborais, ou sobre asuntos netamente económicos. Porén, eu entendía que queda moito por facer no eido do xénero e da historia máis social dentro do mundo rural. Nesta liña, tituleino "feminino plural", loxicamente en alusión ao xénero, e plural porque son "as mulleres". Moitas persoas, mesmo compañeiras, aínda están nun punto de non ter dado o paso de entender a idea de "a muller" a "as mulleres", polo que indica de diversidade o plural.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.