"Hai futuro e pódese mudar a situación actual"

Rebeca Fernández e Miguel Braña no Culturgal (M. M. Reino)
A xornalista Rebeca Fernández é autora, xunto ao biólogo Xosé Veiras, do Mapa Ecosocial de Galicia, unha publicación editada por Catro Ventos coa participación de Miguel Pardellas. O libro retrata o contexto e determina os eidos nos que cómpre traballar para conseguir unha sociedade máis xusta, equitativa 
e respectuosa co medio.

Que é un mapa ecosocial?

En realidade o que queriamos era tratar temas que normalmente non se abordan cando se analiza a Galiza —de aí o termo mapa, definindo a localización. O que queriamos facer nesta publicación era pór o foco noutros temas alén do económico, co que están estreitamente relacionados, pero que non se tocan tanto, como é a ecoloxía e a economía social. Procuramos elaborar unha cartografía a través de capítulos nos que debullamos esas outras caras menos tratadas da Galiza que consideramos igual ou mesmo máis importantes. 

A información íntegra pode consultarse na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.