Unha guía alternativa de Santiago de Compostela

Editada en galego e inglés pola Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man.

Coñecer diversos puntos de interese da cidade, adentrarse na historia e unha escolma de frases útiles en galego e inglés son algunhas das compoñentes da ‘Guía alternativa de Santiago de Compostela’, que vén de editar A Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man.

 

A guía que pretende achegar a cultura e lingua galegas ás persoas que visitan a capital de Galiza, comeza cunha breve historia da cidade e alén de citar os monumentos máis representativos a visitar, tamén dá información de lugares onde tomar algo ou expresións simples en galego e inglés.

 

Os idiomas nos que está editada son galego e inglés.

 

Podes vela aquí.