Greve indefinida no transporte de viaxeiros

Estación autobuses Lugo1

Xunta fixa uns servizos mínimos de 100% en transporte escolar e 40% en liñas regulares.

Esta terza feira, 20 de xuño, comezará a greve indefinida convocada polos sindicatos no transporte de viaxeiros por autobús en Galiza, un paro que se realizará todas as terzas e cuartas feiras. As reunións convocadas pola Xunta – por separado- con patronal e sindicatos para esta segunda feira tiveron que ser suspendidas ao non se presentar ningunha das partes por entender que tiña que ser unha xuntanza conxunta.

 

No detonante do conflito está o plan de transporte elaborado pola Xunta e que non convence a ninguén. A patronal pide que se dea marcha atrás e que a administración coñeza a realidade do sector antes de elaborar un proxecto destas características. Desde os sindicatos entende que o plan agocha un ERE encuberto e un recorte no transporte escolar.

 

Nun comunicado conxunto, CIG, CCOO e UXT  acusan de "insensatez" á administración e responsabilízana de provocar "a imposibilidade de suspensión da folga indefinida no transporte de viaxeiros”.