Un grave accidente dun camión obriga a cortar a A-52 en Ourense

O helicóptero desprazouse á A-52 (Foto: Garda Civil de Ourense).
Polo momento, a autovía segue cortada e o helicóptero desprazouse por se debe trasladar algunha persoa ferida.

Un accidente grave dun camión obrigou a cortar a autovía A-52 en Ourense, segundo informan fontes da Garda Civil, que sinalan que mesmo un helicóptero se transladou até o lugar.

En concreto, o corte produciuse desde a área da saída de Rante até a primeira saída de Ourense, que é a que coincide co negocio ‘Froitas Raúl’.

O condutor foi evacuado por un helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Inicialmente pensouse que se atopaba moi grave, pero o seu estado de lesións reviste "menos" gravidade, segundo informou a Garda Civil de Ourense.