A corrupción da monarquía

As gravacións de Corinna, baixo a lupa da Audiencia Nacional

Corinna Sayn-Wittgenstein

O xuíz da operación Tándem, Diego de Egea, cita a declarar o ex comisario Villarejo pola conversa que mantivo coa aristócrata e que podería implicar o rei emérito Juan Carlos I por un asunto de corrupción.

Os sumidoiros policiais son o obxectivo da operación Tándem, liderada polo xuíz da Audiencia Nacional Diego de Egea. O maxistrado abriu unha peza separada en relación a estas para determinar se a gravación dunha suposta conversa entre Corinna zu Sayn-Wittgenstein e o ex comisario José Manuel Villarejo debe ser incorporado á causa. Fontes xudiciais apuntan que as cintas comprometerían o rei emérito Juan Carlos. Para tal fin, Egea cita para declarar o comisario xubilado na próxima quinta feira 26 de xullo.

 

Ante a posibilidade de que o antigo monarca tivese cometido algún delito, só podería corresponder a actuación do Tribunal Supremo, institución ante a que está aforado após a súa abdicación. Alén disto, a investigación, que pon ao nu os seguimentos e espionaxes que Villarejo supostamente realizaba a diversas persoas.

 

Este citamento ten lugar logo de que a implicación do seu socio, o ex comisario do aeroporto de Barajas Carlos Salamanca, fora arquivada ao non apreciar indicios de que o axente tivese cobrado dádivas de cidadáns guineáns por terlles facilitado visados, nin que formara unha organización criminal co propio Villarejo. Este tamén será interrogado o ex comisario Enrique García Castaño, arrestado logo dun acordo coa fiscalía Anticorrupción e liberado após a súa declaración ante o xuíz baixo acordo de comparecencias quincenais e a prohibición de saír do país.