Lume en marzo

Dous grandes incendios en Lobeira e Chandrexa de Queixa

Incendio en Chandrexa de Queixa este 24 de marzo. Foto: @BrifLaza

Dous incendios de considerábel extensión afectan este domingo a zonas do interior, en concreto en Lobeira e en Chandrexa de Queixa. Polo momento son 45 hectáreas as ardidas.
 

O de Lobeira quedou controlado á unha do mediodía e levou por diante 25 hectáreas de monte raso, segundo a información proporcionada pola Consellaría de Medio Rural. A superficie queimada pertence ao parque natural do Xurés. Na tarde do domingo traballaben nel tres axentes, oito brigadas, seis motobombas e un helicóptero.

 

O outro lume declarouse en Chandrexa de Queixa, na parroquia de Fitoiro, sobre as doce do mediodía. Queimou máis de 20 hectáreas e no control e extinción do mesmo traballan dous axentes, oito brigadas, dúas motobombas e catro helicópteros.

 

Todos os datos son da Xunta de Galiza, que non ofrece información dos incendios de menos de 20 hectáreas a non ser que poñan en perigo lugarees habitados ou protexidos.