O ‘Gordo’ do Neno cae en Taragoña, Rianxo

O número 57.342 deixa 2 millóns de euros nesta parroquia.

O número 57.342 foi agraciado co 'Gordo' do Sorteo Extraordinario de 'O Neno', dotado con 2.000.000 de euros por serie e cae, entre outras localidades do Estado, na parroquia rianxeira de Taragoña.

En concreto, o número foi vendido pola administración sita en Campo de Pazos número 9. Neste concello da Barbanza xa caera en 2003 o 'Gordo' de Nadal, tamén nesta mesma administración, que repatiu daquela 120 millóns de euros.

O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 21.816. Mentres, o terceiro premio foi para o número 26.706, dotado con 250.000 euros a serie.

Este segundo premio tamén foi repartido na Galiza, na Administración da Rúa Rosalía de Castro, en Nigrán, Pontevedra