No seu 25 aniversario, Gonzacar recibe o seu décimo premio Chairman's award

Aspecto das instalacións de Gonzacar

Gañar 10 veces en 25 anos o Chairman's Award -galardón que distingue a excelencia na atención ás e aos clientes- non está ao alcance de calquera. O concesionario Gonzacar acaba de o conseguir.

 

 

Gonzacar é o concesionario oficial de Ford en Compostela, A Coruña, Ferrol, Carballo e Ribeira. Este 2018 vai celebrar o seu 25 aniversario coa consecución, por décima vez neste cuarto de século, do Chairman's Award. O premio vaille ser entregado esta cuarta feira polo presidente e conselleiro delegado de Ford España, Jesús Alonso.

 

Son as propias clientas e clientes de Ford as que seleccionan as entidades galardonadas neste premio, ao pre-encher, no momento de visitar as instalacións dos concesionarios, cuestionarios en que puntúan a atención e o servizo recibidos.

 

O xerente de Gonzacar Marcial Castro considera que "detrás destes 10 premios" está toda unha "traxectoria" marcada pola aposta da marca na excelencia. Onde sitúa a clave do éxito? No "compromiso" coa "calidade" de todas e de todos os traballadores do concesionario.