O goberno de Pontevedra insta a Xunta a non prorrogar Ence

Pídelle que emita informe desfavorábel á solicitude de prórroga presentada pola pasteira e que “se poña do lado dos veciñas e veciñas”.

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra insta a Xunta de Galiza a que -”no exercicio das súas competencias exclusivas en ordenación do territorio”- emita un informe desfavorábel sobre a solicitude de prórroga de Ence en Lourizán, prórroga que, afirma, “sería incompatíbel coas directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral (POL)”.

A solicitude é froito dun acordo da Xunta de Goberno que lle chegará a administración autonómica co fin de que “se posicione claramente” sobre a permanencia de Ence en Lourizán, que poña fin a súa ambigüidade.

Anabel Gulías, vice-portavoz do Goberno local, considera que é hora de que a Xunta diga que o complexo industrial é un lastre para o medio ambiente, social e económico para Pontevedra e a ría e “que se poña ó lado dos veciños e veciñas de Pontevedra e deixe de defender os intereses dunha empresa”.