A Xunta abandona a atención psicolóxica no sistema público de saúde

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza considera “inadmisíbel” que non se convoquen prazas para a especialidade de psicoloxía clínica na OPE do Sergas e afirma que  é imprescindíbel crear 26 prazas para equipararse exigua media estatal.

Na Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde non se incluirá máis unha ningunha praza para especialistas en psicoloxía clínica. Para o Colexio oficial de Psicólogos isto supón “un verdadeiro abandono da atención psicolóxica no sistema público de saúde, con tan só tres prazas convocadas desde 2010”.

 

Tan só se convocaron tres prazas desde 2010. Actualmente, non se chega a cen especialistas exercendo no Sergas, é dicir, 3,34 por cada 100.000 habitantes

 

“Actualmente, non se chega a cen especialistas exercendo no Sergas, é dicir, 3,34 por cada 100.000 habitantes, o que significa que para aproximarnos á media estatal de 4,3 é imprescindible e urxente convocar 26 prazas como mínimo”, afirman desde o Colexio.

 

Con esta “infradotación de psicólogos e psicólogas clínicas é imposíbel prestar os tratamentos psicolóxicos que se recollen na carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde, o que implica desatender a saúde mental da poboación galega e vulnerar os seus dereitos recollidos por lei”.

A prevalencia de trastornos mentais con carácter crónico en Galiza, como a depresión ou a ansiedade crónicas, supera con moito a media estatal

 

O colexio denuncia que é “inadmisíbel”  que se sigan cubrindo as carencias asistenciais en psicoloxía clínica do sistema e tratan de cubrir esas eivas con bolsas de investigación e con convenios con oenegués para a prestación de asistencia, “como vimos constatando nas áreas de atención a vítimas de tráfico, oncoloxía, coidados paliativos ou neuroloxía”.

 

Ademais, en Galza a prevalencia de trastornos mentais con carácter crónico, como a depresión ou a ansiedade crónicas, supera con moito a media estatal, (sobre o total de persoas con enfermidades crónicas, a prevalencia en Galicia 12,06% fronte ao 7,83% estatal no caso da depresión crónica, e dun 12,57% fronte a un 7,6% no da ansiedade crónica), o que esixe unha dotación de profesionais superior a media española.