O Goberno español traballa para abrir o viaducto da A-6, dirección Madrid, no verán

Tramo afectado polo colapso dun viaduto da A-6. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
 Este tramo do viaducto, aínda que non se viu afectado polo derrubamento, pechouse para revisar o seu estado.

O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, manifestou que se está traballando para abrir "canto antes" o viaduto dirección Madrid da A-6, pechado ao tráfico tras o derrubamento do tramo que estaba en obras e que une a localidade leonesa do Castro e o municipio de Pedrafita do Cebreiro.

En rolda de prensa tras a reunión da comisión autonómica de tráfico, na que se abordou esta cuestión, Miñóns trasladou a súa confianza en que este verán poida reabrirse o tráfico no viaduto en dirección Madrid.

Este tramo do viaducto, aínda que non se viu afectado polo derrubamento, pechouse para revisar o seu estado.

Sobre as causas que motivaron o colapso do outro viaduto, o delegado do Goberno español insistiu en non facer "hipótese", senón falar de "realidades". "Hai que analizar ben o ocorrido para saber que facer e poder falar de prazos", dixo sobre os traballos que se deberán acometer.

Planificación de actuacións necesarias

Miñóns explicou que desde o Ministerio de Transportes está a "traballarse" na planificación das actuacións necesarias a realizar e que esperan, engadiu, ter "nuns días". "(Coñecer) as causas é un proceso máis complexo, non hai precedente", insistiu sobre os motivos do colapso.

Neste sentido, insistiu en que "a corrosión" nuns cables detectada no viaduto e que motivou o peche para a súa reparación xa estaba arranxado.

"Aí non se detecta o problema, tampouco se detectan gretas", sinalou.

Por outra parte, apuntou que a "prioridade" é a seguridade e que se pediron estudos xeofísicos e tamén informes a "reputados expertos" para analizar as causas.