O goberno español declara oficialmente a caducidade da concesión a Elnosa

“É un éxito colectivo da sociedade pontevedresa”, afirma a Asociación pola Defensa da Ría.

Subdelegación do goberno recibiu esta cuarta feira a notificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica que declaraba a caducidade da concesión outorgada en 1971 a Elnosa.

 

Esta concesión autorizaba a ocupar perto de 13.000 metros cadrados de terreo marítimo-terrestre na beira da Ría de Pontevedra, ao pé de Ence, para instalar unha factoría de cloro. A decisión do executivo español pon, oficialmente, fin á cloreira en Pontevedra. Unha noticia que era esperada desde que a inicios de xullo pasado a dirección do grupo portugués CUF, propietario da electroquímica, notificara ao comité de empresa, que ían ter que fechar as instalación.

 

Desde a Plataforma en Defensa da Ría (APDR) acollen con satisfacción a noticia da caducidade: “Trátase dun éxito colectivo da sociedade pontevedresa, que loita desde hai xa demasiado tempo pola recuperación da Ría e que verá culminado o seu soño coa saída de ENCE de Lourizán”.