Goberno español anuncia o repartimento desde hoxe de 835.500 máscaras na Galiza en nodos de transporte, concellos e ONG

(Europa Press)

A Delegación do Goberno estatal na Galiza anuncia que reparte a partir desta segunda feira un total de 835.000 máscaras nos nodos de transporte públicos, concellos e entidades sociais.

O Sistema Nacional de Protección Civil, baixo a coordinación da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, estará á fronte dun dispositivo que prevé a repartición de 344.000 unidades na provincia da Coruña, 289.500 en Pontevedra, 104.000 en Lugo e 98.000 en Ourense.

O obxectivo deste operativo pasa por garantir o uso obrigatorio de máscara nos transportes públicos colectivos e esta medida coincide co inicio “dun novo paso cara á nova normalidade”.

Ademais, realízase en concordancia coa apertura dalgúns negocios e o incremento de mobilidade derivado das novas meddidas que esta segunda feira xa se irán implantando.