O goberno español abre a porta a que se anule a prórroga que Raxoi deu a Ence até 2073

ence 2

O executivo presidido por Pedro Sánchez desiste de defender a prórroga aprobada polo goberno de Mariano Raxoi en funcións e contra a cal o Concello de Pontevedra e APDR presentaran recursos.

O Estado non defenderá a prórroga a Ence na causa aberta na Audiencia Nacional pola decisión adoptada polo goberno de Mariano Raxoi en xaneiro de 2016 de dar 60 anos máis (até 2073) a Ence para permanecer na súa ubicación actual en Lourizán. Na Audiencia Nacional hai tres procedementos que piden a nulidade da resolución que outorgou esa prórroga, presentados polo Concello de Pontevedra, a Asociación en Defensa da Ría e Greenpeace.


A decisión abre as portas a que a factoría teña os días contados na Ría de Pontevedra. Desde o Concello falan de “satisfacción moderada” e dunha “porta á esperanza”.  Carme da Silva lembrou que o goberno local fora moi criticado polo recurso ("díxosenos que tirábamos os cartos dos veciños") e apuntou que este paso do executivo español indica que "hai partido" para poder sacar esa factoría da Ría de Pontevedra.

 

O PSdeG, de por parte, fala dunha “magnífica noticia”. Moi diferente é o posicionamento da empresa, Ence, que di que é unha decisión adoptada en “chave electoral” e que xa anunciou que a vai recorrer. O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, mostouse moi crítico e acusou o goberno de provocar paro e desemprego.