O goberno Sánchez estuda pospor un ano a idade efectiva de xubilación

[Imaxe: GalizaContrainfo] Mobilización das pensionistas en Vigo

A intención é a de incrementar a idade real de xubilación até os 65,5 anos nos vindeiros 30 anos. Na actualidade está nos 62,7 anos. A idade legal vixente é de 65 anos e 8 meses de ter cotizado menos de 36 anos e nove meses e de 65 anos de ter cotizado máis.


 

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal publicou a pasada cuarta feira a súa opinión sobre a sustentabilidade futura do sistema de pensións. O organismo pediu medidas para endurecer os requisitos de acceso á xubilación anticipada e fomentar así “o aumento da idade efectiva de xubilación".

 

Octavio Granado, secretario de Estado da Seguridade Social, fai agora fincapé na situación das clases pasivas, réxime ao que se pode acoller o funcionariado do Estado que permite que se xubilen aos 60 anos con 30 anos cotizados, de modo anticipado. De modificar esta circunstancia, para o 2048 sería posíbel esa idade efectiva de xubilación aos 65,5 anos.

 

Na reforma aprobada no ano 2011 a idade da xubilación ordinaria foi subida dous anos até os 67 e o número do cálculo para a pensión até os 25 anos. Estas cifras alcanzaranse nos vindeiros anos mediante subas progresivas anuais.