O Goberno endurece a xestación subrogada: traba a inscrición de bebés nados por ventres de aluguer e suspende os procesos en curso
O Goberno español suspende todos os procesos pendentes de inscrición de bebés nados no estranxeiro por ventres de aluguer e ficará novas trabas a futuras solicitudes. Segundo avanzan El País e a Cadena Ser o Ministerio de Xustiza vén de aprobar unha norma que deixará sen validez as sentenzas xudiciais do país onde se realiza a xestación subrogada e certifican o contrato para a compra do bebé.
O novo texto legal vén corrixir os baleiros normativos que até o momento permitían lexitirmar no Estado español unha práctica prohibida e técnica prohibida e considerada unha forma de explotación das mulleres.
A instrución, adiantan, entrará en vigor esta quinta feira, primeiro de maio, unha vez saia publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE). Esta nova orde deixará sen validez as anteriores, de 2010 e 2019, que permitían o rexistro das crianzas nadas no estranxeiro por xestación subrogada.
Desta forma, as solicitudes de inscrición pendentes de se resolver, ficarán en suspenso, xa que o disposto no novo regulamento impide o rexistro de filiación dos bebés nados por ventres de aluguer por parte das persoas que recorreron a esta práctica fóra do Estado, en consulados e oficinas do rexistro civil.
Doutrina do Tribunal Supremo
A decisión do Ministerio de Xustiza de endurecer unha práctica prohibida no Estado desde hai dúas décadas, segundo o recollido na lei de reprodución asistida, responde atende á doutrina do Tribunal Supremo, que asegura que os ventres de aluguer "cousifican" os bebés converténdoos nunha "simple mercadoría obxecto dun contrato" cunha muller que "polo xeral actúa impelida por un estado de necesidade perentoria".
Nunha resolución emitida o pasado mes de marzo, a Sala do Civil do alto tribunal resolveu o caso dun cidadán español que asinou un contrato de ventre de aluguer en México e que pedira eliminar os apelidos da nai dos dous bebés. O Supremo, en liña co expresado resolución recentes, declara que o interese do menor non pode confundirse co interese do pai que, mediante o contrato de ventre de aluguer, achegando o seu material biolóxico, encargou a unha muller que xestase e dese a luz para el dúas nenas.
A sentenza deixa claro que "o recoñecemento no Estado español do contrato do ventre de aluguer asinado en México e da filiación que se fixa nese contrato é manifestamente contrario" á orde pública estatal.