Adiada a selectividade

Porén, as administracións educativas aínda non tomaron unha decisión e continuarán traballando para escoller as datas definitivas para as probas de acceso á universidade.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, o de Universidades e as comunidades autónomas coincidiron esta terza feira na necesidade de aprazar os exames de selectividade deste ano, previstos nas primeiras semanas de xuño, tras a suspensión das clases por mor do coronavirus.

Porén, as administracións educativas aínda non tomaron unha decisión e continuarán traballando para escoller as datas definitivas para as probas de acceso á universidade.

A posibilidade de aprazar a chamada Avaliación do acceso á universidade (ABAU), que segundo un decreto do Ministerio de Educación debía facerse antes do 19 de xuño en todas as comunidades autónomas, foi o punto principal desta reunión telemática, onde representantes das distintas administracións prometeron crear un grupo de traballo para atopar novas datas tanto para as convocatorias ordinarias como extraordinarias para a Selectividade 2020.