‘Gays no’: vandalizan en Salvaterra un banco coas cores arco da vella

Varios colectivos da comarcan alertan deste tipo de accións ‘homófobas’.

 

Salvaterra e Mos colocaban, a finais do pasado mes, cadanseu banco coas cores do arco da vella, co gallo do Día do Orgullo LGTBIQ+ .

En Salvaterra, colocábase na Praza do Concello e coa finalidade de “dar visibilidade” á loita polos dereitos destes colectivos.

Apenas uns días despois da inauguración do banco, este foi cuberto con pintadas de ‘Gays no’, o que motivou críticas e denuncias por parte de diferentes colectivos contra esta acción. SCD Condado, BNG de Salvaterra, Avante LGBT.. son algunhas desas organizacións

Nas redes sociais lembraban que non é a primeira acción homófoba que se rexistra neste concello da comarca do Condado. “Chove sobre mollado en Salvaterra de Miño. En 2019 queimaron a bandeira do Orgullo pendurada no Concello e agora isto. A impunidade provoca monstros. E os monstros, cando lles cadre, poden ser violentos”, escribía @xico_de_nelhe

 

Un de cada catro delitos de odio na Galiza está motivado pola orientación ou identidade sexual da vítima. Máis de 400 delitos de odio foron rexistrados na Galiza entre 2013 e 2019 -último ano do que se publicaron rexistros-. Deles, 124 foron pola orientación ou identidade sexual da vítima.

Nese mesmo período rexistráronse 80 delitos de odio por racismo e xenofobia, o que supón un de cada cinco do total.