SERVIZOS PÚBLICOS E BENESTAR

O investimento por habitante en servizos públicos na Galiza sitúase por baixo da media española e lonxe da europea

Interior dun centro hospitalario

Galiza figura de 12 entre os 17 territorios do Estado en canto a investimento nos servizos públicos fundamentais. O gasto público galego é 26% inferior ao da comunidade que máis inviste, Euskadi. O gasto nestes servizos ten u gasto que que vale 26,8% do PIB fronte ao 31,7% na Eurozona. 

O gasto público nos servizos públicos fundamentais (SPF) do modelo de benestar (sanidade, educación e protección social) ten no Estado español un peso 5 puntos inferior á media da Eurozona. Nesta equivale a 31,7% do PIB mentres que no Estado español fica en 26,8%. Na UE dos 28 estados é de 30,9%. O gasto público nos servizos públicos no Estado español é notabelmente inferior a quer fan as catro maiores economías europeas: Alemaña, Reino Unido, Francia e Italia.

O sector público desenvolve un papel fundamental para garantir a igualdade de oportunidades e mellorar os niveis de benestar da sociedade. Mais non todos os territorios no Estado español teñen o mesmo compromiso neste sentido. O gasto en servizos públicos fundamentais por habitante sitúase na Galiza en 2.374 euros, un 5% por baixo da media española (2.464 euros) e moi inferior á europea.

Dos 17 territorios do Estado español somos o número 12 en canto ao investimento nestes servizos, segundo un estudo de BBVA e IVIE (Instituto Valenciano de Investigacións Económicas). Só Andalucía, Castela-A Mancha, Madrid, Balears e Canarias presentan peores rexistros ca nós. A comunidade que máis investimento fai nos SPF é Euskadi, con máis de 3.200 euros por habitante. A que menos, Canarias, con 2.265.

Aliás, na Galiza o que se destina a SPF aínda non acadou os niveis do investimento que se facía previo á crise, senón que se manteñen por volta de 5% por baixo do gasto público daquela nestes servizos. Neste punto, apenas Euskadi e cantabria volveron a niveis de gasto público en servizos como osd que había antes da recesión de 2008.