Gardas civís súmanse á denuncia contra Pontón por “inxurias á coroa española”

A Asociación Profesional de Garda Civil Jucil presentou unha denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Nacional que se adhire ás impulsadas por Concordia Real Española contra Ana Pontón (BNG),  Pere Aragonès (ERC) e Teresa Rodríguez (Adelante Andalucía) por delitos de inxurias graves á Coroa, segundo informa o ABC. A asociación solicita que se practiquen dilixencias para detectar máis casos.

Para  Jucil, “vulnerouse, de forma moi  gravosa, o ben xurídico protexido, que non é outro que a Coroa, en canto aos valores institucionais que representa”.