O garda civil de ‘La Manada’ tentou obter o pasaporte embora ter prohibido saír do Estado español

Antonio M. Gutiérrez,no medio da imaxe.

Antonio Manuel Guerrero, o garda civil condenado a 9 anos de cárcere por abusos sexuais a una moza nos san Fer,íns de 2016 canda outros catro membros da autodenominada ‘La Manada’ intentou esta segunda feira obter o pasaporte. A súa petición foi rexeitada. Segundo recollen varios medios, a xefa da equipa de expedición deses documentos na oficina de Tablada-Sevilla informoulle da imposibilidade de facer ese trámite pois Gutiérrez ten prohibida a saída do Estado español.

 

O garda civil solicitara a cita previa para facer este trámite e acudiu á oficina a media mañá. Unha hora despois, foi até o xulgado de garda de Sevilla, para cumprir así coa obriga que lle impuxo a Audiencia de Nafarroa para deixalo en liberdade provisoria. Un dos argumentos que se ssgrimiu a favor de que estas 5 persoas ficasen en liberdade é que non existía risco de fuga