Galiza volve a rúa en solidariedade con Palestina: esta segunda feira e en case 30 localidades

Bandeira palestina en Porta Faxeira, Compostela. (Foto: César Arxina / Europa Press)

Convocadas por Mar de Lumes, BDS, Galiza por Palestina e a asociación galaico árabe Jenin.

Unha nova vaga de mobilizacións en solidariedade co pobo palestino e contra a agresión do estado de Israel vai decorrer esta segunda feira, día 13, na Galiza.

Desde o inicio dos ataques do exército israelí a Gaza, no país decorreron dúas mobilizacións nacionais e ducias de concentracións contra a agresión, que xa superou a cifra de 11.000 mortos.

‘Stop Xenocidio. Galiza con Palestina’ é o lema desta convocatoria, que ao igual que a maioría das anteriores é impulsada por Mar de Lumes, Galiza con Palestina, BDS e a asociación galaico-árabe Jenin. Até este domingo, 26 localidades se sumaron a esta mobilización.

Os convocantes teñen sinalado ao longo destas semanas que "o pobo palestino necesita a solidariedade internacional. Neste sentido, o pobo galego ten un longo histórico de apoio á causa palestina, e nestas dúas semanas leva protagonizadas múltiples mobilizacións nos últimos tempos”.

As mobilización non só denuncian o proceder do ex´xercito israelí en Gaza, senón as sete décadas de “ocupación, colonialismo e apartheid” que o estado de Israel impón ao pobo palestino.

A isto engádese as críticas e denuncias a unha comunidade internacional “cómplice” en grande medida do que está acontecer en Gaza.

Lugar e hora:

A Coruña, Obelisco, 20 horas
A Guarda, praza Avelino Vicente, 20 horas
Allariz, A Barreira, 20 horas
As Pontes, praza do Hospital, 20 horas
Cangas, praza do Concello, 20 horas
Carballo, praza do Concello, 20 horas
Cerdedo, praza do Concello, 19:30 horas
Compostela, praza Roxa, 20 horas
Corcubión, praza Castelao, 19 horas
Ferrol, praza do Concello, 20 horas
Lalín, praza da Igrexa, 21 horas
Lugo, diante do Concello, 20 horas
Monforte, praza de España, 20 horas
Noia, diante do Concello, 20:30 horas
O Carballiño, praza Maior, 20 horas
Ourense, subdelegación de Defensa, 20 horas
Ponteareas, diate do Concello, 20 horas
Pontedeume, praza do Concello, 20 horas
Pontevedra, praza da Peregrina, 20 horas
Redondela, praza do Concello, 20 horas
Ribadavia, praza Maior, 20 horas
Ribadeo, praza de España, 20 horas
Ribeira, praza do Concello, 20 horas
Vigo, A Farola, 20 horas
Vilagarcía, praza de Galiza, 20 horas
Viveiro, praza Maior, 20 horas