Nova vaga de mobilizacións na Galiza en apoio a Palestina

Manifestación en apoio a Palestina na Coruña (Foto : Nós Diario).

Esta segunda feira e en perto dunha trintena de localidades.

 

Esta segunda feira, 27 de novembro, volverá a haber nas rúas e prazas da Galiza mobilizacións en solidariedade co pobo palestino e contra a agresión do Exército israelí. Convocadas novamente por Mar de Lumes, BDS, Galiza con Palestina e a asociación galaico-árebe Jenín, decorreran en case unha trintena de localidades.

Desde o inicio desta última agresión na Faixa de Gaza na Galiza decorreron varias manifestacións nacionais e ducias de concentracións a nivel local e comarcal, nunha mostra de solidariedade que leva prolongándose máis dun mes.

Os convocantes teñen sinalado ao longo destas semanas que "o pobo palestino necesita a solidariedade internacional. Neste sentido, o pobo galego ten un longo histórico de apoio á causa palestina, e nestas dúas semanas leva protagonizadas múltiples mobilizacións nos últimos tempos”.

Hora e lugar:

A Coruña, Obelisco, 20 horas
A Guarda, praza Avelino Vicente, 20 horas
Allariz, A Barreira, 20 horas
Betanzos, cantón de Claudino, 20 horas
Carballo, praza do Concello, 20 horas
Cerdedo, praza do Concello, 19:30 horas
Compostela, praza Roxa, 20 horas
Corcubión, praza Castelao, 19 horas
Ferrol, praza do Concello, 20 horas
Foz, diante do Concello, 20 horas
Friol, na estatua da Muller Labrega, 20 horas
Lalín, praza da Igrexa, 21 horas
Lugo, diante do Concello, 20 horas
Monforte, praza de España, 20 horas
Noia, diante do Concello, 20:30 horas
O Carballiño, praza Maior, 20 horas
Ourense, subdelegación de Defensa, 20 horas
Ponteareas, diante do Concello, 20 horas
Pontedeume, praza do Concello, 20 horas
Pontevedra, praza da Peregrina, 20 horas
Redondela, praza do Concello, 20 horas
Ribeira, praza do Concello, 20 horas
Vigo, A Farola, 20 horas
Vilagarcía, praza de Galiza, 20 horas
Viveiro, praza Maior, 20 horas
Xinzo, praza dos Ovos, 20 horas