Galiza volve rexistrar temperaturas baixo cero: A Veiga, -3,4ºC

Galiza volveu a rexistrar temperaturas mínimas baixo cero en numerosas localidades esta quinta feira. De feito, o valor mínimo correspondeu ao municipio da Veiga, con -3,4 graos centígrados.

Así consta nos rexistros publicados por Meteogalicia até as 10,00 horas desta quinta feira, recollidos por Europa Press, nos que se reflicte que foron localidades situadas en zonas altas as que rexistraron as temperaturas máis baixas.

Ademais dos -3,4ºC da Veiga, os termómetros caeron até os -3,2ºC en Manzaneda; aos -2,9ºC en Carballeda de Valdeorras e aos -1,5ºC en Vilariño de Conso.

Mentres, en zonas con altitude menor de 900 metros, a temperatura mínima correspondeu a Xinzo de Limia, con -2,4ºC; seguida de Sarria e Calvos de Randín, con -2,1ºC en ambos os casos.