Galiza vai perder nos vindeiros anos máis de 28.000 fogares

Lugo e Ourense van ser as máis afectadas.

Cada dous anos o Instituto galego de estatística (IGE) elabora cada dous anos a operación estatística ‘Proxeccións de fogares’, un traballo que proporciona unha estimación da evolución futura dos fogares galegos, en base ás condicións demográficas observadas no momento actual.Esta ferramenta fai posíbel anticipar os cambios que se producirán no número, tamaño e composición dos fogares, datos que repercuten nos estudos derivados que se poidan obter, por exemplo, no ámbito das políticas públicas de planeamento e toma de decisións.

Así desde agora e até 2031 Galiza perdería un total de 28.223 fogares, o que supón cinco menos cada día ou 36 menos cada semana. O descenso continuado afectaría a todas as provincias agás Pontevedra, a única que incrementaría o número de fogares no período 2016-2031, nun 1%, mentres que o resto de provincias perderían fogares no período considerado.

Das 20 áreas (agrupacións de comarcas) galegas consideradas nesta proxección do IGE, o número de fogares descende en 14 e aumenta en s (Área de Pontevedra , da Coruña, de Santiago, de Vigo, de Ourense e Caldas-O Salnés (0,1%). O maior decrecemento no número de fogares no período 2016-2031 estaría nas áreas de Ourense sur, cun descenso do 21,3%, na de Lugo oriental, cun decrecemento do 17,2%, e na do Carballiño-O Ribeiro, cunha diminución do 15,7% en todo o período.

Desde Comisións Obreiras interpretan que os datos da EPA debuxan unha Galiza con menos emprego e un volume "insostíbel" de paro, precariedade e pobreza. Para o sindicato, a actividade recupérase mais non o emprego, "xa que o noso país segue a padecer os efectos negativos da reforma laboral: substitución de emprego indefinido por eventual e a tempo parcial, peores salarios e menores dereitos asociados".