Social

125 profesionais da sanidade galega contaxiáronse no combate contra a COVID-19

enfermeira hostpital sanidade (Europa Press)
A Xunta confirma que hai 125 persoas que traballan na sanidade galega que deron positivo nas probas da COVID-19.

A Xunta da Galiza confirmou esta terza feira que hai un total de 125 profesionais sanitarios contaxiados polo coronavirus no país

Entre estas 125 persoas hai médicos, persoal de enfermería e outro persoal implicado no eido sanitario de todas as áreas da Galiza. 

Segundo o Goberno galego, neste momento as profesionais da sanidade contaxiadas supoñen o 9% das pacientes con COVID-19 detectadas na Galiza. 

Así mesmo, desde a Xunta explican que non todos os casos son de profesionais que resultaron infectados durante o seu exercicio profesional, pois algúns deles entraron en contacto co coronavirus por viaxes a Madrid e tamén pola visita de familiares procedentes da capital do Estado. 

Hai 5..400profesionais do persoal médico que están infectados polo coronavirus en todo o Estado español, segundo anunciou o propio Ministerio de Sanidade. Unha cifra que supón 12% do total de persoas que teñen Covid-19.