Galiza supera os 8.000 casos activos

Unha farmacéutica toma unha mostra de sangue para realizar un test de cribado en Barbadás (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).

Hai 627 contaxios confirmados por PCR nas últimas horas.

A terceira vaga de coronavirus xa está aquí, con aumento de contaxios e casos activos da cabalo da relaxación de restricións nas datas de Nadal e Fin de Ano.

Galiza xa supera a liña dos 8.000 casos activos e rexistra 8.250, un incremento de 4455 a respecto da xornada anterior. As PCR confirmaron nestas 24 horas 627 novos contaxios.

Hai 397 persoas hospitalizadas e 71 nas unidades de coidados intensivos (UCI). O número de persoas falecidas ér xa de 1.450 após os 5 falecementos do domingo. A incidencia acumulada a 14 días na galiza está en 287,3 casos por cada 100.000 habitantes.

O avance da pandemia do coronavirus nas últimas horas un importante aumento da presión hospitalaria. De acordo cos datos feitos públicos na mañá de hoxe pola Consellería de  Sanidade, Galiza ten 468 ingresados por Covid-19, 47 máis que un día atrás.

Este aumento é notábel tanto nas hospitalizacións en planta, que alcanzan a cifra de 397 -37 máis-, como nas unidades de coidados intensivos (UCI), que contan con 71 pacientes  covid -10 máis que nos datos do domingo-.