A Galiza supera os 4.000 casos activos de Covid

Un punto de probas da Covid-19 en Monforte. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #covid19 #sanitarias #coronavirus #monforte #pcr #pandemia #sarria #brote #restricións
A Galiza supera os 4.000 casos activos de Covid após rexistrar un novo ascenso por vixésimo sétima xornada consecutiva até os 4.396, que constitúen 426 máis, ao haber máis contaxios (573) que altas (145).

Os casos activos de coronavirus superan xa na Galiza a barreira dos 4.000, con 4.396 infeccións ─426 máis nas últimas 24 horas─, mentres que os contaxios volven superar o medio milleiro, 573 ─73 máis─. Con todo, a presión hospitalaria descende lixeiramente até os 104 hospitalizados ─tres menos─ e a taxa de positividade tamén se reduce e marca 6,41%.

Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18 horas desta sexta feira, aumentan a 15 os pacientes ingresados en UCI ─dúas máis─, pero baixan a 89 os hospitalizados noutras unidades ─cinco menos─.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en tres delas, mantense sen cambios noutras dúas e aumenta noutras tantas. Así, a de Pontevedra e O Salnés continúa un paciente covid en UCI e con 10 hospitalizados noutras unidades, e a de Vigo prosegue con dous ingresados en UCI e con 22 ingresados noutras unidades.

Pola súa banda, a carga asistencial aumenta lixeiramente na área de Ourense, que continúa con 25 pacientes en planta pero que rexistra tres persoas ingresadas en críticos ─unha máis─, e na da Coruña, onde non se notifican cambios en UCI, con catro pacientes, pero onde aumentan as persoas hospitalizadas en unidades convencionais até as 15 ─unha máis─.

Por último, a presión hospitalaria descende nas áreas de Ferrol, con 10 pacientes en planta ─tres menos─ e un en UCI; na de Compostela, con catro hospitalizados en unidades convencionais ─un menos─ e tres en críticos; e na de Lugo, con tres persoas ingresadas en unidades convencionais ─dúas menos─ e unha en UCI ─unha máis─.

Nova xornada de ascensos

A Galiza supera os 4.000 casos activos de Covid após rexistrar un novo ascenso por vixésimo sétima xornada consecutiva até os 4.396, que constitúen 426 máis, ao haber máis contaxios (573) que altas (145).

As infeccións activas ascenden de novo no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+135), seguida da de Ourense (+126), A Coruña e Cee (+49), Pontevedra e O Salnés (+38), Lugo (+29), Santiago e Barbanza (+28) e Ferrol (+21).

Deste xeito, con máis casos colócase a de Vigo, con 1.202; seguida da de Ourense, con 1.134; A Coruña e Cee, con 636; Lugo, con 435; Santiago e Barbanza, con 385; Pontevedra e O Salnés, con 380; e á cola continúa a de Ferrol, con 224.

Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado xoves polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 148,12 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 171,68.