Galiza supera os 3.000 casos activos de Covid e os hospitalizados abeiran o cento

(Foto: Europa Press)

Os novos contaxios volven subir e alcanzan os 378, así como a taxa de positividade, en 6,62%.

Galiza xa supera a barreira dos 3.000 casos activos de Covid-19, 3.168 concretamente, o que supón 297 infeccións máis nas últimas 24 horas. Os novos  contaxios soben até os 378, 141 máis que a última xornada, e os hospitalizados tamén se incrementan, con 98 persoas ingresadas por coronavirus -15 mái--. Pola súa banda, a taxa de positividade, ascende lixeiramente e alcanza 6,62%, tras comezar a semana con case 8%.

Segundo os datos publicados na mañá desta cuarta feira pola Consellaría de  Sanidade con rexistros ata as 18 horas desta terza feira, Galiza continúa con 12 pacientes ingresados en UCI pola  Covid  mais increméntanse a 86 os hospitalizados noutras unidades -15 máis-, mentres que 3.070 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente en cinco das sete: Ourense, Lugo, Santiago-Barbanza, Ferrol e Vigo; mentres que se mantén nas da Coruña e Cee Pontevedra-O Salnés.

Galiza acumula 24 xornadas consecutivas de ascenso dos casos activos, que se sitúan en 3.168, o que implica 297 máis que o día pasado ao haber de novo máis  contaxios (378) que altas (80). A cuarta feira pasada, 17 de novembro, situábanse en 1.540, polo que rexistra agora 1.628 infeccións máis.

Segundo os último datos actualizados na tarde desta terza feira polo Ministerio de Sanidade, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 108,11 casos por 100.000 habitantes -o día 19 estaba en 73,58-

En concreto, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+105), seguida da de Ourense (+85), Lugo (+34), Santiago e Barbanza (+25), Pontevedra e O Salnés (+24), A Coruña e Cee (+15) e Ferrol (+9).

Segundo os último datos actualizados na tarde desta terza feira polo Ministerio de Sanidade, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 108,11 casos por 100.000 habitantes -o día 19 estaba en 73,58-, mentres que a media do estado ascende a 139,10.

Os novos  contaxios de Covid-19 volven ascender e sitúanse en 378, que constitúen 142 máis que os rexistrados hai 24 horas. A cuarta anterior -17 de novembro- houbo 214 e a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o 11 de outubro, cando houbo 14.

As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+105), seguida da de Ourense (+85), Lugo (+34), Santiago e Barbanza (+25), Pontevedra e O Salnés (+24), A Coruña e Cee (+15) e Ferrol (+9)

En canto á taxa de positividade das probas  PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, ascende lixeiramente ata 6,62. Por iso, continúa por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia mantéñense en 2.663, ao notificar a Consellería de  Sanidade unha vítima esta terza feira.