TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-EUA

Centos de galegas e galegos súmanse á protesta mundial contra o TTIP

Protesta contra o TTIP en Compostela (Foto: CIG)

A CIG convocou concentracións en cidades e vilas de todo o país contra a firma dos tratados que negocian en segredo os EUA e a UE.


Centos de galegas e galegos sumáronse este sábado aos actos de protesta contra os tratados que negocian en segredo Estados Unidos e a Unión Europea. As mobilizacións foron convocadas pola CIG en cidades e vilas galegas como parte da campaña para informar encol as consecuencias dos tratados TTIP (Tratado Transatlático de Comercio e Investimentos) e CETA (Acordo Económico de Comercio Global), entre outros.

Como membro da Plataforma Europea Alter Summit, a confederación sindical sumouse as protestas simultáneas que se están a desenvolver en Europa e Norte América este 18 de abril. De se aprobar os tratados suporán un golpe brutal á soberanía dos estados, ao quedar esta supeditada aos intereses e beneficios das empresas multinacionais e que provocarán un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementais”, explica a CIG.

A xornada rematou cunha manifestación convocada por unha plataforma unitaria polas rúas de Vigo.

A Coruña 

Ourense 

Lugo 

Ferrol