SOCIAL

Galiza segue a cobrar as pensións máis baixas de todo o Estado

pensionistas

A pesar de contar cunha poboación envellecida, as pensións galegas son as de menor contía de todo o Estado español, cunha media de 721 euros, case 300 menos que as de Madrid, por exemplo.

Galiza, con 721,78 euros ao mes, é o territorio do Estado español coas pensións máis baixas, segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Esta estadística contrasta coa realidade do gran envellecemento da poboación galega -@s xubilad@s son @s principais destinatarios destas prestacións- a pesar do cal as pensións seguen a ser as de menor contía.

A media de pensión no Estado é de 858,11 euros, case 137 euros máis da galega. Así mesmo, un ou unha galeg@ cobra, por exemplo, case 300 euros menos de pensión que un ou unha madrileñ@.

Por provincias, a media das pensións da Coruña e Pontevedra foron de 761,09 e 760,73 euros respectivamente mentres que en Lugo e Ourense, mais envellecidas, a pensión media foi escasísima, de só 640,81 e 627,15 euros.