Galiza rexistra outros 163 positivos e os casos activos sitúanse en 4.251

(Foto: Europa Press)

O número de persoas falecidas pola Covid sitúase en 740 após o falecemento de 4 persoas na tarde da terza feira.

 Galiza rexistra outros 163 positivos por Covid-19 tras rexistrar 205 novas altas de pacientes, o que sitúa os casos activos en 4.251, polo que volven descender en 46.

Segundo os datos actualizados esta cuarta feira pola Consellería de Sanidade, os casos activos volveron a descender en todas as áreas sanitarias agás na de Ourense, onde experimentaron un incremento de 9, até os 765.

Pola súa banda, na área sanitaria da Coruña descenderon en dúas con respecto á terza feira até situarse nos 975; na de Lugo caeron até os 537 -dous menos-; na de Pontevedra, a 786 -sete menos-; na de Santiago a 537 -35 menos-; na de Vigo a 503 -sete menos-; e na de Ferrol baixaron a 148--dúas menos-.

No referido a pacientes curados na Galiza aumentaron a 18.949, o que supón 205 máis que os rexistrados na xornada desta terza feira.

Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.014 no domicilio.

Até a data na Galiza, ademais, faleceron 740 persoas con Covid-19, o últimas catro vítimas foron notificadas na tarde de onte.

Residencias e centros de ensino

Nas residencias hai 320 usuarias contaxiadas e 142 traballadores. Ademais, na Galiza hai 45 aulas fechadas pola pandemia e 341 casos positivos entre alumnado e persoal docente.