Galiza rexistra 749 casos activos de coronavirus e achégase ás 10.000 curadas

Clientas nunha terraza en Lugo (Carlos Castro / Europa Press).

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 na Galiza segue en descenso e sitúase nos 749, o que supón 23 menos que esta sexta feira, mentres que os pacientes curados aumentaron a 9.936, o que implica 40 máis que a xornada pasada.

Así o constatan os datos actualizados este sábado pola Cosellería de Sanidade, que tamén precisan o descenso de número de pacientes ingresados na UCI até os 3, mentres que 36 seguen noutras unidades de hospitalización e 710 en seguimento domiciliario. As vítimas mortais mantéñense en 615, as mesmas que se contabilizaban o xoves.

Sanidade tamén informou do total de PCR realizadas até a data, 141.331 en toda Galicia, 1.106 máis que o venres, cando se contabilizaban 140.225.