Galiza rexistra 2.758 casos activos, 31 máis que o día 8 de maio, e as altas aumentan en 87 persoas

Traballadoras sanitarias atenden pacientes de coronavirus (Europa Press).

Baixan a 24 as persoas con COVID-19 en UCI e outras 183 permanecen en unidades de hospitalización.

O número de casos activos do novo coronavirus na Galiza sitúase en 2.758, o que supón 31 persoas máis que deron positivo nas últimas 24 horas. Mentres tanto, as altas aumentan en 87, até as 7.225.

Segundo os datos ofrecidos este sábado pola Consellería de Sanidade, os casos detectados aumentaron en 1,13% con respecto ao balance desta sexta feira, mais as altas fixérono en maior medida, 1,22%.

Do total de positivos en activo, 754 están na área sanitaria de Vigo (11 máis que na última actualización), 650 na Coruña (5 menos), 500 en Compostela (+30), 426 na área sanitaria de Ourense (-6), 166 na de Lugo (-1), 147 na de Pontevedra (+5) e 115 na de Ferrol (-3).

Datos de das UCI e persoas hospitalizadas

Ademais, Sanidade informou de que hai 24 doentes que permanecen ingresados en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), dúas menos que na sexta feira, e outras 183 persoas permanecen en unidades de hospitalización, 12 menos.

Neste contexto, a gran maioría dos casos da COVID-19, un total de 2.551 (46 máis), permanecen en seguimento domiciliario.

Por outra banda, aumentou en 87 a cifra de persoas curadas, de 7.138 a 7.225, e tamén se incrementou o número de probas PCR realizadas en Galicia, que suman 113.167 (1.567 máis).