Galiza, proclive a acabar coa monarquía, segundo unha enquisa

Até 50,8% das persoas consultadas apoiarían a república. (Europa Press)
O portal Electomanía publica unha enquisa que amosa que Galiza apoia de forma maioritaria un referendo sobre monarquía ou república no Estado español e que o resultado sería favorábel a esta última, segundo a posición das persoas participantes.

Galiza cre de forma maioritaria que debería convocarse un referendo sobre a xefatura do Estado español e, nesa sondaxe, votaría a favor da república fronte á monarquía.

É a conclusión dunha enquisa publicada polo portal Electomanía, que detecta que o apoio á figura do rei é superior nas comarcas interiores e menor na franxa atlántica, onde o voto favorábel á república chegaría até 53,4% nalgunhas poboacións.