As distraccións ao volante e a velocidade son as principais causas dos sinistros

Galiza pechou 2019 con 90 mortes nas estradas

O delegado do Goberno, Javier Losada, presentou os datos (Europa Press)

O delegado do Goberno, Javier Losada, presentou o balance dos datos de sinistralidade viaria en 2019 na Galiza, un ano no que foron 90 as persoas que deixaron a vida nas estradas e no que no que a Garda Civil controlou a velocidade de 3,3, millóns de vehículos, realizou 916.000 controis de alcoholemia e 9.000 de condución baixo os efectos das drogas.

 

 

 

O dato, segundo salientou o representante do Goberno estatal, supón a segunda mellor cifra das últimas dúas décadas, por detrás de 2017, cando faleceron en accidente 70 persoas. Estas 90 vítimas mortais afástanse das 380 que se produciron no ano 2000.  

O accidente "tipo" na Galiza é, segundo o describiu Losada, unha colisión ou unha saída de vía nunha estrada convencional protagonizada por un turismo de entre 10 e 24 anos de antigüidade conducido por un home maior de 65 anos que sofre unha distracción ou velocidade inadecuada.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.