Galiza, nos territorios onde menos aumentan os médicos colexiados

As porcentaxes de aumento de persoal sanitario está á cola do Estado na Galiza (Imaxe: Nós Diario).
O número de médicos colexiados na Galiza en 2019 incrementouse en 1,2% respecto ao ano anterior, o que supón que sexa o terceiro lugar do Estado español no que menos aumentou esta porcentaxe,

O número de médicos colexiados na Galiza en 2019 incrementouse  1,2% respecto ao ano anterior, o que supón que sexa o terceiro lugar do Estado español no que menos aumentou esta porcentaxe, só por detrás de Cantabria (0,7%) e Ceuta (-0,6%), segundo datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O aumento de facultativos e facultativas que se colexiaron tamén foi inferior á media estatal, que experimentou un crecemento de 2,8%.

En concreto, o pasado ano colexiáronse un total 14.297 profesionais deste ámbito da saúde en Galicia fronte aos 14.121 contabilizados en 2018. Así mesmo, colexiáronse 14.656 enfermeiros e enfermeiras na Comunidade galega o ano pasado. Así, Galiza foi a comunidade na que menos aumentou o número de enfermeiros colexiados en 2019, un 1%. De feito, só Ceuta (-5,8%) e Castela e León (-0,6%), que presentaron retrocesos, rexistraron peores datos.

En cambio, Andalucía (5,8%), Canarias (5,0%) e a Rexión de Murcia acumularon os maiores incrementos (4,5%). Ademais, a media nacional elevouse un 2,7%.

Cifras á cola do Estado

Galiza tamén representou a segunda comunidade cunha menor taxa de enfermeiros por cada 100.000 habitantes, un 5,24. Así, só foi superada pola Rexión de Murcia, que conta con 4,59 enfermeiros colexiados por cada 100.000 habitantes.

Pola súa banda, as maiores taxas de enfermeiros colexiados rexistrouse nas comunidades de Navarra (10,48 por cada 1.000 habitantes), Cantabria (8,41) e Madrid (7,91).